CRTVG

Buscar

Marta Rivera de la Cruz deixa Ciudadanos e soa como posible conselleira do Goberno de Ayuso

Publicado o 07/05/2021 16:39
Marta Rivera de la Cruz deixa Ciudadanos e soa como posible conselleira do Goberno de Ayuso

As eleccións madrileñas seguen deixando máis abandonos en Ciudadanos. A luguesa Marta Rivera que fora conselleira de Cultura na Comunidade de Madrid pediu a baixa na formación laranxa. Rivera chegara a Ciudadanos no 2015 e formou parte do Goberno de Madrid ata a convocatoria de eleccións. Agora podería estar outra vez no executivo de Ayuso como independente. Na Comunidade Valenciana, catro deputados deixan tamén Ciudadanos, pero conservan o escano.