Marta Ortega di na súa primeira entrevista que "sempre estará onde máis a necesite a compañía"
Publicado o 31/08/2021 22:25

Marta Ortega concede por vez primeira unha entrevista, e faino no suplemento do diario norteamericano 'Wall Street Journal'. A herdeira de Inditex protagoniza ademais a portada da revista, que a define como "a arma secreta de Zara".
Na entrevista, sobre o seu futuro, Marta Ortega asegura que "sempre estará onde máis a necesite a compañía". E sobre o seu pai, sobre Amancio Ortega, di que cre que "nunca foi o mellor en nada en concreto, pero que si o foi en atopar a mellor persoa para facer cada cousa".