CRTVG

Buscar

Marrocos impón corentena a viaxeiros de España, Portugal e Francia

Publicado o 12/07/2021 09:16
Marrocos impón corentena a viaxeiros de España, Portugal e Francia

As autoridades de Marrocos inclúen España, Portugal e Francia no listado B de zonas de alto risco de contaxio da covid−19 e a súa variante delta. Como consecuencia disto, os viaxeiros que procedan dos tres países europeos terán que presentar unha proba PCR negativa de menos de 48 horas.

Ademais terán que cumprir corentena de dez días se non están vacinados completamente. Ese período de illamento hai que facelo nun hotel designado polas autoridades e con cargo ao viaxeiro. Esta medida entra en vigor mañá martes, día 13.

Noticias web

12/07/2021