Maroto reta a Bárcenas a ensinar a suposta documentación que incriminaría a Rajoy
Hoxe é día de reaccións tras a carta do extesoureiro do Partido Popular, Luis Bárcenas, á Fiscalía anticorrupción. Nela asegura que o expresidente Rajoy destruiría documentación sobre a caixa B do partido sen saber que o propio Bárcenas gardara copias.
A dirección actual do Partido Popular defende a Mariano Rajoy fronte ás acusacións lanzadas por Luis Bárcenas. O seu voceiro no Senado, Javier Maroto, mesmo reta o extesoureiro do partido a sacar a documentación que teña.
"Preguntar a un membro da dirección do Partido Popular por Bárcenas hoxe é como preguntarlle a un membro da dirección de Sánchez por Roldán. Creo que Mariano Rajoy é unha persoa honesta e, por tanto, se este señor ten que sacar unha cinta e nesa cinta hai unha gravación que implica a alguén, pois que a saque, pero canto antes e que non aburra máis", afirmaba Maroto, voceiro do PP no Senado.