CRTVG

Buscar

Maroto anima a automoción galega a postularse como sede da fábrica de baterías

Publicado o 12/03/2021 17:04

A ministra de Industria, Reyes Maroto, animou a automoción galega a presentar a candidatura para instalar na nosa comunidade a fábrica de baterías para vehículo eléctrico que vai impulsar o Goberno.

Díxoo nun foro organizado polo sector naval de Galicia sobre fondos europeos, días despois do anuncio de que a primeira fábrica de baterías para coches de España se instalaría en Cataluña.

O presidente da Xunta, presente no encontro, defendeu unha competencia limpa na selección de proxectos que se van financiar cos fondos europeos para a recuperación.

Alberto Núñez Feijóo reivindicou o feito de que a fábrica de PSA en Vigo fora este ano a primeira en produción de vehículos de toda España.

Noticias web

12/03/2021