Mariscadores de Noia retiran preto de 50.000 quilos de residuos do estuario do Tambre
Distribuídos en grupos, os mariscadores limpan de residuos dous quilómetros da costa do estuario do Tambre dividido en 6 zonas. Unha limpeza que forma parte do proxecto Econoia co obxectivo de manter os bancos marisqueiros no mellor estado.
"A derradeira limpeza que estamos a facer na contorna dos bancos marisqueiros, en que participan 170 persoas, e na que se recollen os residuos, se clasifican e se inventaria todo o lixo", di Liliana Solís Pais, biológa da confraría de pescadores de Noia.
Lixo de toda índole tirado ao mar e que as mareas van arrastrando á liña de costa. "Plástico cristais, pneumáticos, un pouquiño de todo, hai moita porquería". "Uf podes a topara de todo o que imaxines, motores, embarcacións, plastico...", din os mariscadores.
Materia que outro grupo vai seleccionando e clasificando na explanada de Seilán. Os datos e as imaxes falan por si sós. Nas 8 limpezas anteriores realizadas neste proxecto 2020-2021 recolleron un total de 44.439 quilos de residuos.