CRTVG

Buscar

Mariscadoras da ría de Pontevedra confían en manter os prezos altos

Publicado o 07/07/2021 13:33

É o primeiro día para o marisqueo a pé na ría de Pontevedra no que levamos de mes de xullo.

Unha mariscadora: "Levamos sete días deste mes sen traballar, para que logo digan, que son sete días sen gañar".

Baixaron á praia ás oito da mañá. E as máis rápidas non tardaron nin dúas horas en coller os topes: dous quilos de ameixa fina, a máis valorada, e sete da xaponesa. Ademais hoxe a marea daba pouca marxe para traballar.

Á espera de coñecer a cotización na lonxa, confían en que os prezos se vaian mantendo como ata agora.  

Mari Carmen Vázquez, patroa maior de Lourizán: "O prezo era entre 11 e 17 euros en xaponesa, que é bo prezo, e a fina estaba entre 28 e 40. Eso para nós é bo prezo".

Cruzan os dedos para que non aparezan toxinas nin empeore a evolución da pandemia. 

Mari Carmen Vázquez, patroa maior de Lourizán: "Empeza o forte do verán, pero tamén hai cousas que están pasando; estase falando de peches en hostalería, que xa non volvemos a aquela normalidade que pensabamos".

O ano pasado, tan atípico co cesamento da actividade no primeiro estado de alarma, o mes de agosto resultoulles tan bo coma o Nadal.

Noticias web

07/07/2021