Mario Mandzukic, a un paso de fichar polo Celta por cinco millóns de euros
Publicado o 10/11/2020 21:36

É cuestión de horas que se faga oficial a chegada de Eduardo Coudet ao Celta, pero tamén podería chegar a Vigo Mario Mandzukic.
O dianteiro croata de 34 anos, subcampión do mundo, atópase actualmente sen equipo desde que o pasado mes de xullo abandonou a Juventus e non conseguiu adaptarse á liga de Qatar.
O Celta estaría disposto a pagarlle 5 millóns por esta temporada. O croata está a un paso de recalar en Vigo.