CRTVG

Buscar

O Goberno de Mario Draghi en Italia toma posesión dos seus cargos

Publicado o 13/02/2021 18:14

E expresidente do Banco Central Europeo Mario Draghi xurou o seu cargo como novo primeiro ministro italiano e sucesor de Giuseppe Conte despois do colapso da anterior coalición de goberno polas disputas sobre o uso dos fondos da Unión Europea para recuperarse da crise xerada pola pandemia.

Seis dos actuais ministros conservan as carteiras, entre os que destacan, o de Saúde, Roberto Speranza, o de Exteriores, Luigi di Maio, ou a de Interor Luciana Lamorgese. Entran como técnicos a xuíza do Constitucional Marta Cartabia, que asume Xustiza ou o director xeral do Banco de Italia, Daniele Franco, que irá a Economía.

O executivo de Draghi ten outras novidades: o físico Roberto Cingolani faise cargo de Transición Ecolóxica, o empresario e director de Vodafone Vittorio Colao de Transición Dixital ou en Turismo, que asumirá Massimo Garavaglia, da Liga Norte.

O novo primeiro ministro inclúe no Goberno ministros dos outros partidos que o apoian ademais da Liga: o Movemento 5 Estrelas, o Partido Demócrata, Libres e Iguais, Italia Viva e Forza Italia.

O executivo de Maria Draghi vaise someter a mocións de confianza no Senado e na Cámara o martes e mércores da próxima semana. O presidente Segio Mattarella intentou a formación dun novo goberno con Conte pero fracasou, o que levou o presidente a encargarlle a Draghi un executivo tecnócrata, como xa sucedeu en 2011 con Mario Monti.


 

Noticias web

13/02/2021