Mario Draghi chama ditador a Erdogan polo trato que lle deu a Ursula von der Leyen
Publicado o 09/04/2021 08:54

O primeiro ministro italiano acusou o presidente turco Erdogan de ser un ditador tras o desplante que este lle fixo á presidenta da Comisión Europea Ursula von der Leyen. As declaracións de Mario Draghi causaron un serio malestar no Goberno turco, que decidiu convocar o embaixador italiano en Ankara.
As imaxes de Von der Leyen relegada a un segundo plano polo presidente Erdogan desataron unha vaga de críticas en Europa, onde se acusa o dirixente turco de machista.