CRTVG

Buscar

Marilar Aleixandre: "Os relatos de Emilia Pardo Bazán parecen escritos agora"

Publicado o 12/05/2021 14:09

A Real Academia Galega homenaxea a Emilia Pardo Bazán cando se fan cen anos da súa morte. Na Coruña realizaron unha lectura colectiva de diferentes textos dela para "que se lea" porque "os seus relatos parecen escritos agora", en palabras da académica Marilar Aeixandre.

A RAG e a Casa-Museo Emilia Pardo Bazán celebraron este mércores unha homenaxe á novelista coruñesa. A directora da revista La Tribuna, dedicada ao estudo da obra e a vida de Pardo Bazán,  animou a ler os seus escritos pola "audacia" e modernidade do seu pensamento. 

Víctor Fernández Freixanes sinalou que é "importante" conmemorar o cabodano de Pardo Bazán na súa casa e lembrou o "compromiso" da Academia con velar polo seu legado. O presidente da RAG leu un fragmento de Los pazos de Ulloa. Docentes, escolares e  especialistas na súa figura realizaron unha lectura colectiva que incluíu fragmentos de relatos, novelas, artigos ou a correspondencia que lle enviou a Benito Pérez Galdós.

Non só se celebrou en Galicia; en Madrid conmemoraron o seu falecemento cunha ofrenda floral na estatua que a escritora e cronista ten na rúa Princesa. A vicepresidencia do Goberno de Cantabria organizou tamén unha lectura dramatizada dalgunhas das súas obras para lembrar esta escritora que reivindicou a instrución das mulleres como algo fundamental.

Noticias web

12/05/2021