María Loureiro, catedrática de Análise Económica: "O teletraballo veu para quedar, pero temos que aprender a traballar mellor"
Publicado o 08/06/2020 10:47
Os datos que nos deixa a parada da actividade económica aglutinan a perda do PIB, endebedamento, caída do emprego e, sobre todo, incerteza a curto e medio prazo. Por iso hai que ocuparse nas estratexias para retomar a senda do crecemento. Haberá axudas, pero serán inútiles se non serven para acender un motor que está apagado, non estragado.
María Loureiro é catedrática de economía, máis concretamente en Fundamentos de Análise Económica; e traballa na USC. Loureiro considera que esta crise é diferente e "non se vai resolver con austeridade, senón con créditos".
Defende que nese contexto hai múltiples estratexias, por exemplo, a dixitalización.
"Aquelas empresas que dixitalizaron o seu servizo de produción e distribución tiveron máis éxito", engade Loureiro.
Salienta tamén a importancia da cadea de subministración.
"Para a supervivencia das empresas é importante que teñan acceso á súa materia prima e aos seus consumidores", apunta a catedrática.
Loureiro considera que o teletraballo foi, nun primeiro intre, un parche pero que veu para quedar. "As multinacionais falan de que o 30% das persoas traballan sempre dende a casa. E esa vai ser unha corrente".
Malia que considera que "a gran batalla é a do cambio climático".