María Debén: "A violencia machista é un problema da sociedade e a resposta ten que ser de toda a sociedade"
María Debén, coordinadora de Igualdade da Delegación do Goberno en Galicia, conversa con Fran López Iglesias sobre a prevencion da violencia machista.
• "As medidas estanse tomando desde hai anos. O Goberno de España e o Goberno da Xunta están facendo un esforzo inmenso para loitar contra a eiva da violencia machista. Hai situacións que por moito que se invista non poden evitarse, como o caso de onte, que levou á morte tres mulleres".
• "É un problema da sociedade e a resposta ten que ser de toda a sociedade. Afortunadamente, a sociedade cambiou e tamén os intrumentos para loitar contra a violencia. Especialmente desde os anos 2003 e 2004, a implicación das administracións públicas é inmeso".
• "É moi complicado para a contorna familiar cando unha vítima non quere presentar a denuncia. Hai que entender isto, non hai que culpabilizar nin a contorna nin a vítima. A contorna familiar, se ten coñecemento do ocorrido, ten que procurar que a muller reciba o asesoramento para que ese asesoramento co transcurso do tempo conduza á presentación da denuncia".
• "Hai que reconducir a ollada de maneira máis intensiva ao agresor. Que é o que ocorre? Por que a pesar dos niveis educativos aos que se chegou no noso país segue a haber condutas como a ocorrida en Valga?"
• "Vítimas son todos. O propio Convenio de Istambul prevé que se amplíe o concepto de violencia machista".