CRTVG

Buscar

María Araújo xogará no Xirona, campión de liga

Publicado o 13/06/2019 17:40

Baloncesto. Estivemos con María Araújo que está de volta. A internacional viguesa xogou esta campaña en Polonia. Logo da experiencia regresa a liga española, xogará co campión nacional, co Xirona.

Non entrou na lista definitiva de Lucas Mondelo pero asúmeo con deportividade. O Europeo de Serbia e Letonia comeza en quince días e Araújo ve a España loitando polas medallas. Non estará coa seleción pero volverá competir en Europa esta temporada co seu novo equipo, o Xirona. Estrearase na Euroliga, tras participar na Eurocopa co seu anterior club, o Wisla de Cracovia. Con 21 anos a pivote viguesa segue dando pasos na súa prometedora carreira.









 

Noticias web

13/06/2019