CRTVG

Buscar

Margarita Robles visita a base de Torrexón e di que a situación é "dramática e caótica" en Cabul

Publicado o 22/08/2021 21:25

Ata Torrexón achegouse este domingo pola tarde a ministra de Defensa, Margarita Robles, para visitar os evacuados desde Afganistán. A ministra aproveitou para agradecerlle ao persoal militar da base aérea o seu labor no traslado e acollida das persoas procedentes de Cabul. Ademais, inspeccionou as instalacións de acollida.

Margarita Robles destacou que se están a vivir momentos de caos e tamén de moita intensidade emocional no aeroporto da capital afgá: "A situación para acceder ao aeroporto está sendo dramática, caótica. Hai casos humanos verdadeiramente emotivos, familias enteiras que se amorean, situacións moi emocionantes. Neste momento para poder entrar moitos, rodeados por talibáns... eu emociónome cando o vexo, hai grupos que se concentran, que berran: 'España, España!', e levan unha bandeira española ou unha bufanda vermella".

Noticias web

22/08/2021