Margarita Robles critica a Podemos pola súa actitude ante a causa aberta polas súas contas
Publicado o 19/08/2020 15:09
Margarita Robles, ministra de Defensa, declarou nunha entrevista: "Non me gusta que as forzas políticas, cando hai resolucións xudiciais que non lles gustan, critiquen os xuíces". "Iso non é bo nun Estado de dereito. Ao revés, hai que ser moi respectuosos e deixar traballar os xuíces sen ningún tipo de presións", engadiu.