Marés Sonoras, a punto de publicar o seu primeiro disco
Publicado o 24/06/2019 17:37
Marés Sonoras é un dúo integrado pola saxofonista coruñesa Patricia Cadaveira e o percusionista catalán Marcel Pascual, especializado en vibráfono jazz.
As súas vidas encontráronse no Porto, onde realizaban estudos. Froito dese encontro nace este proxecto musical con conexións ibéricas. Xuntos, e en colaboración con outros músicos, están a traballar nos seus primeiros 14 temas que publicarán o próximo setembro.
Damos conta do seu traballo nesta reportaxe realizada no seu lugar de ensaio.