CRTVG

Buscar

Marelli podería despedir 1.200 traballadores polo peche da Nissan de Barcelona

Publicado o 07/07/2020 15:30

Outra empresa que está a estudar a posibilidade de aplicar un ERE que afectaría 1.200 traballadores é Marelli, unha empresa de compoñentes do automóbil de Barcelona que servía a Nissan.

Son as consecuencias indirectas do peche da fábrica que a multinacional xaponesa tiña en Barcelona.

Dende a dirección de Marelli aseguran que, dado que construíron unha planta en liña coa de Nissan, terán que facer un recorte de persoal se non atopan un novo cliente.

Marelli facía lámpadas e compoñentes eléctricos para a Nissan de Barcelona.

Noticias web

07/07/2020