CRTVG

Buscar

Marcelo Rebelo de Sousa, presidente de Portugal, dá negativo nun segundo test e realizará outra proba

Publicado o 12/01/2021 12:16

O presidente de Portugal, Marcelo Rebelo de Sousa, deu negativo nun segundo test de covid realizado durante o luns pola noite e espera unha terceira proba para descartar se, como avanzou unha PCR inicial, é positivo en coronavirus.

O xefe de Estado mantense illado e espera no Palacio de Belem esa análise para confirmar o seu diagnóstico definitivo.

Continúa coa súa axenda por videoconferencia, sistema co que asiste á decisiva reunión de epidemiólogos e especialistas que analizan en Lisboa a situación da pandemia tras o Nadal.

Portugal estuda baixo que fórmula confinar a súa poboación e como deseñar o plan para que a xente saia da súa casa o día 24 para ir votar.

Hai voces que piden o adiamento das eleccións, pero non hai vontade por parte de ningunha das administracións, a pesar da situación crítica en que se atopa o país.

Récord de falecidos nas últimas 24 horas, 122, máximo de doentes ingresados e máximo de doentes graves con covid-19.

Case un 20 % dos concellos teñen máis de 1.000 casos por cada 100.000 habitantes, que xustifican o confinamento que comezará mañá mércores á medianoite.

Noticias web

12/01/2021