Mar defende a estabilidade das principais especies en augas compartidas co Reino Unido
Publicado o 16/03/2021 20:58

Galicia reitera a necesidade de que se manteñan ou incrementen as cotas da pescada, o rapante ou o peixe sapo nas negociacións entre a Comunidade Europea e o Reino Unido. E así o manifestou a conselleira do Mar Rosa Quintana na xuntanza do Consello Consultivo de Política Pesqueira para Asuntos Comunitarios que se celebrou esta tarde.
A conselleira pediu tamén a eliminación das cotas en especies de augas profundas, como o ollomol ou o virrei, porque, segundo di, non periga a súa conservación.