Manuel Tato, 101 anos, imaxe da lonxevidade nun programa de National Geographic
Publicado o 22/09/2021 13:16
Ten 101 anos, é de Pontevedra e é un dos protagonistas dunha nova campaña do 'National Geografic'. Manuel Tato é unha das caras que promoven o documental 'Ciencia da vida: lonxevidade'.
Haberá que agardar á súa estrea, o vindeiro día 4 de outubro, para coñecer o segredo de Manuel para pasar dos cen anos con tan boa calidade de vida.