CRTVG

Buscar

Manuel Sánchez, Fed. do Taxi de Galicia: "Pedímoslle á Xunta que lexisle a situación se temos que convivir coas VTC"

Publicado o 01/08/2019 10:21

Na Coruña, onde acaba de desembarcar Uber, os taxistas van manter unha xuntanza co Goberno municipal na mañá deste xoves.

María Calvo entrevista no Bos días a Manuel Sánchez, presidente da Federación Galega do Taxi e presidente de Teletaxi da Coruña, para falar dos temas que o colectivo vai tratar co Concello da Coruña, entre elas as VTC Cabify e Uber, as dúas plataformas presentes na cidade.

O colectivo dos taxistas piden que se regularicen estes servizos que só poden atender chamadas e non poden esperar os clientes nos lugares máis concorridos.

"Eles dan voltas nos arredores dos eventos públicos e isto non se pode tolerar", di Manuel Sánchez.

"Se teñen que estar, teñen que estar reguladas e non comportarse coma se fosen un taxi". "Tamén nós temos que gardar normas".

"A convivencia procuramos que sexa tranquila, pero, ás veces, co que ves na rúa pode que o colectivo reaccione dunha maneira inesperada e iso é o que nós non queremos".

"É competencia desleal porque non fan os servizos como marca a lei e o regulamento".

"Pedímoslle á Xunta de Galicia que lexisle a situación dos taxis que teñen que convivir coas VTC".

Noticias web

01/08/2019