Manuel Rivas autor de 'Zona a defender': "Os únicos que compiten son os incompetentes, a vida non é unha carreira de cabalos"
Publicado o 27/01/2021 07:34
Zona a defender. A esperanza indócil, Edicións Xerais, é un ensaio xornalístico e poético desde a indocilidade crítica. O título do libro parte dunha expresión que se popularizou coa loita ecolóxica en Francia, e Rivas quere lanzar un manifesto de defensa sobre temas como a ecoloxía, os medios ou feminismo no que el chama a Era Mayday.