Manuel Martínez, alcalde de Becerreá, rexistrou ante notario un novo partido político
Publicado o 29/01/2019 13:15
O ex-socialista Manuel Martínez, alcalde de Becerreá e deputado non adscrito na Deputación de Lugo, rexistrou ante notario un novo partido político. Nel pretende aglutinar as listas independentes que xurdan na provincia para as eleccións municipais de maio. Polo momento, evitou desvelar o nome, ata que sexa efectiva a súa inscrición no rexistro de partidos políticos, pero sinalou que xa ten unha lista moi avanzada para presentar candidatura nos concellos de Lugo e Becerreá.