CRTVG

Buscar

Manuel Fernández, ante a fazaña de volver gañar o Rally Rías Baixas

Publicado o 16/05/2019 20:01

Hai moitísimos pilotos que non fan o calendario completo de rallys. Un é Manuel Fernández. Só ten en mente tres probas neste 2019, só leva tres anos pilotanto e só cinco carreiras no seu historial. Pero o ano pasado foi o gañador do Rías Baixas. 

É un dos novos pilotos que busca un lugar no escaparate dos Ares, Senra, Caamaño ou Meira. Cambiou de coche: trocou o Renault Clio N5 polo Ford Fiesta R5 co que Víctor Senra foi campión galego. 

E mañá está ante a fazaña de volver gañar o Rally Rías Baixas, un rally histórico que comeza cun treito urbano espectáculo polo Castro, no corazón de Vigo

 

Noticias web

16/05/2019