CRTVG

Buscar

Manuel Charlín, denunciado por sufrir un accidente de tráfico sen carné de conducir

Publicado o 05/10/2020 15:00

Malia que en Vilanova todo o mundo prefire gardar silencio e non falar diante das cámaras cando se trata dos Charlíns, testemuñas do accidente relatáronnos que o patriarca do clan arousán, aos seus 87 anos, resístese a deixar de conducir a pesar da idade e de perder todos os puntos do carné por múltiples denuncias. A Policía Local xa lle abriu dilixencias en 6 ocasións este ano por conducir sen o permiso, pero Manuel Charlin segue desafiando a autoridade e as normas.

Onte pasada a unha do mediodía e a escasa distancia do seu domicilio no lugar de Cálago, algunhas testemuñas aseguran que circulaba a velocidade excesiva no coche do seu fillo Melchor e ao atoparse de fronte con outro vehículo non foi quen de controlalo e impactou contra el e cun valado de formigón. O condutor do outro coche, veciño tamén da zona, sufriu lesións leves.

A Policía Local de Vilanova abriu dilixencias contra Manuel Charlín por un delito contra a seguridade viaria e tamén contra o seu fillo Melchor, propietario do coche, como "colaborador necesario" porque xa o advertiran en diversas ocasións de que non debía permitir que seu pai conducise co permiso retirado.

 

Noticias web

05/10/2020