Manuel Bouza: "Se temos que ir a Madrid os camións non van volver a Galicia sen unha resposta"
Tras catro meses sen actividade os transportisas que levan carbón á central térmica das Pontes calculan que levan pedirdos uns oito millóns de euros. No Bos Días, o respesentante dos máis de 130 camioneiros que realizan esta actividade, Manuel Bouza, asegurou que entre as novas mobilizacións contemplan reunións con todos os organismos oficiais, concellos, Xunta e Goberno Central. "Aprobamos pecharnos en varios concellos e volver a Madrid cos camións", asegurou Manuel Bouza.
"Nós levamos catro meses pelexando con isto para que se nos diga algo, e agora sabemos menos que hai catro meses. Agora si que nos van dicir algo: que se vaia cada un para a súa casa ou unha proposta de traballo, porque é imposible seguir aquí esperando o que poida pasar", afirmou. "O que queremos é que digan que vai pasar con isto, o tempo que hai que agardar, se isto vai volver andar".
Desde o grupo de transportistas afectados queren implicar a outros sectores da sociedade na súa batalla: "Eu creo que está tan afectada a comarca e toda Galicia, como o está todo o mundo do camión. E o que queremos que a xente das Pontes e da comarca digan algo e non sexan só os camioneiros".