Manuel Baltar aspira á reelección como presidente provincial do PP de Ourense
Publicado o 20/09/2021 12:46
En Ourense, Manuel Baltar aspira á reelección como presidente provincial do PP. Anuncia unha dirección renovada, de maioría feminina, co obxectivo posto nas eleccións municipais e no mantemento da Deputación.
En vésperas do congreso dos populares ourensáns, o domingo que vén Xosé Manuel Baltar concorre como único candidato.