CRTVG

Buscar

Manu Sánchez: "Non me sinto cuestionado"

Publicado o 23/11/2020 21:09

O Deportivo Abanca - Atlético de Madrid resultou un enfrontamento tan desigual como se agardaba. As madrileñas mallaron nas coruñesas desde o segundo minuto, en que Ludmila anotaba o primeiro dos seus catro goles, ata o último, cando Laurent pechaba o un a oito final co seu segundo tanto. Deyna Castellanos e Toni Duggan tamén marcaron. O gol da honra local meteuno Athenea.

Oitava derrota para o Deportivo Abanca en oito xornadas pero o técnico, Manu Sánchez, non se sente cuestionado e confía en lle dar a volta á situación.

 

Noticias web

23/11/2020