Manu Sánchez: "A nova directiva transmítenos tranquilidade"
Publicado o 09/02/2021 21:12
Nestes días convulsos no Deportivo, o equipo feminino xoga unha parte da temporada, a permanencia, nesta semana. O conxunto que dirixe Manu Sánchez mídese mañá ao Éibar en Abegondo. E así asume o técnico os cambios que houbo no plano institucional.