Manu Barreiro: "Veño a Lugo ser protagonista no equipo"
Publicado o 30/01/2019 17:21
E temos a Manu Barreiro polo Anxo Carro. Reforzo de ataque para o Lugo. Con trinta e dous anos volve a Galicia despois de tres campañas no Alavés e de dous anos no Nastic de Tarragona, onde os seus goles salvaron o equipo catalán do descenso. Manu Barreiro pisou hoxe o estadio que confía nos seus tantos. E que contribúa á permanencia dun equipo con escasa efectividade.