CRTVG

Buscar

Manu Barreiro, a esperanza goleadora para a permanencia do Lugo

Publicado o 22/05/2021 14:36

Coma o turrón polo Nadal, Manu Barreiro sempre aparece nas últimas xornadas para decidir ascensos ou permanencias. Pasoulle no Alavés, no Nástic e tamén no Lugo, onde a pasada temporada tivo unha achega decisiva co seu gol ante a Ponferradina.

Manu Barreiro. C.D. Lugo. "Non sei se será cuestión de sorte, se de estar ahí nese momento, pero a verdade é que me gustan estos retos".

Nas catro últimas xornadas, Manu Barreiro volveu estar presente marcando tres goles decisivos fronte ó Zaragoza e o Mirandés. A súa tranquilidade desde o punto de penalti convérteo nun seguro de gol. De feito esta temporada marcou os sete que lanzou.

Manu Barreiro. C.D. Lugo. "Pola miña maneira de tiralos, vou tranquilo porque ata a última décima de segundo non sei onde tiralo. E nada, ter esa tranquilidade e xa está, e sobre todo concentración porque tal e como os tiro necesito facer todo perfecto, ver ó porteiro en todo momento, e necesito esa concentración ó cento por cento".

Pero Manu Barreiro é algo máis que un lanzador de penaltis. O dianteiro lidera as estadísticas do equipo en goles, remates e asistencias e tamén é o xogador de Segunda con máis duelos áereos gañados.

Manu Barreiro. C.D. Lugo. "Un bo golpeo do porteiro e que eu a gañe arriba pode ser unha ocasión de gol, como pasou o outro día e eso témolo claro, é o que toca agora mesmo, facer as cousas sinxelas".

Con esa mesma sinxeleza coa que lanza os penaltis, Manu atrévese a prognósticar o futuro do equipo.

Manu Barreiro. C.D. Lugo. "Non imos descender".

Para confirmalo, o goleador atreveuse a facer a súa particular quiniela pola permanencia. O resultado coñecéremolo nas vindeiras horas.

Noticias web

22/05/2021