Mantense a tradición das 12 uvas, aínda que este ano se venden en pequenas cantidades
Na cesta da compra de Noitevella non faltan as uvas, pero á hora de mercalas hai variedade de prezos e mesmo de formatos.
"Hai estas a 2,95, que serían as máis caras sen contar as de sen pebidas, e hai outras a 1,45 o quilo. Máis ou menos están como o ano pasado, despois hai sen pebidas, a rosada e unhas en copa para quen quere levar xa todo feito", sinala Yolanda Pérez, empregada dunha froitería.
Aínda que algúns non teñen claro como despedirán o ano...
"Cariño, que se merca na casa? Uvas".
As uvas son as grandes protagonistas, e malia que agora mesmo as hai sen pel e sen pebidas, a maiorías quere as de sempre.
"As de sempre, con pebidas, nada de modernidades". "Normalmente con pebidas, a nós dános igual".
As lambetadas ou os chocolates son para algúns a alternativa cando hai nenos.
"Aos pequenos poñémoslles lacasitos". "Fixémolo algunha vez con larpeiradas cando a nena era pequena".
Pero cada vez mías os pequenos comen tamén as uvas da sorte.
"Acostumámolos dende pequeniños e comen as típicas doce uvas". "Que as coman amodo e ao seu ritmo e xa está". "Cortadas á metade para que poidan morder ben, máis pequenas e sen pebidas, pero uvas".
O que muda este ano son os comensais cos que compartilas.
"Antes eran ao mellor uvas para oito e agora son para dous. Levan menos, pero levan". "Tomarémolas o meu marido e eu, que estamos solos". "Uvas, coma sempre, pero este ano diferente, só os da casa".
Predomina a tradición e as uvas acompañarán o son das 12 badaladas.