CRTVG

Buscar

Manolo Pombo: "Necesitamos un mínimo de 20 días de preparación para xogar"

Publicado o 02/04/2020 14:52

• O preparador físico do Deportivo tamén advirte do perigo de xogar con altas temperaturas

O preparador físico do Deportivo, Manuel Pombo, explicou este xoves que os equipos necesitarán un mínimo de vinte días de adestramento antes de volver competir no caso de que finalmente se reinicie o campionato.

O responsable do estado físico dos xogadores deportivistas explicou que volver competir requirirá un "readestramento para o traballo técnico-táctico colectivo, que é moi agresivo a nivel muscular".

"Agora mesmo o xogador adéstrase pero non fai freadas, aceleracións, saltos, golpeos ao balón así que estariamos a falar dun período dun mínimo de 20 días para adaptarse á alta intensidade do xogo real", comentou nunha conferencia de prensa.

 

 

 

 

 

 

Noticias web

02/04/2020