CRTVG

Buscar

Manipular os tacógrafos dos camións será delito penado con ata tres anos de cárcere

Publicado o 04/03/2020 10:05

Aumenta a vixilancia sobre os tacógrafos dos camións. A Fiscalía vai pedir penas de cárcere por manipular estas caixas negras dos camións.

O presidente da Asociación de Empresarios do Transporte da Coruña, Antonio Señariz, explica no Bos días que levan "anos pedindo que sexan sancións máis exemplarizantes e non tanto económicas porque hai moito especulador do transporte que pensan que con esa falsificación poden engordar a conta de resultados, arriscando a súa propia vida e arriscando nas vías públicas. Esa é unha competencia desleal para o sector".

Señariz concreta: "Para nós, unha pena exemplarizante sería anularlle o permiso de condución ao que cometa esa infración. Amais, non hai que vincular todo o sector; son 80 casos en Galicia, nunha comunidade que tén 8.000 camións".

E o presidente da patronal de Coruña desbota que "na manipulación dos tacógrafos pode haber detrás unha rede clándestina de talleres, porque é complicado facelo, pero eu descarto que en Galicia exista".

Señariz considera que as penas de cárcere e as multas pouco van facer para solucionar o problema.

 

 

 

Noticias web

04/03/2020