CRTVG

Buscar

Agárdanse unhas 50.000 persoas de Cataluña na manifestación en Madrid

Publicado o 16/03/2019 15:26

Para hoxe a Asemblea Nacional Catalá e Ómnium Cultural, xunto con máis de sesenta colectivos sociais e entidades republicanas e antifascistas, convocaron en Madrid unha manifestación en protesta polo xuízo do "Procés", que se está a celebrar no Tribunal Supremo, e para reivindicar o dereito a decidir.

Máis de 500 axentes, entre antidisturbios e unidades especializadas, encargaranse de velar pola seguridade. Segundo a Delegación do Goberno en Madrid, espérase a chegada de ata 50.000 persoas desde Cataluña. O president da Generalitat, Quim Torra, o ex-president Artur Mas e a metade do Govern participarán nese acto. A manifestación contará cunha pancarta unitaria co lema "A autodeterminación non é delito. Democracia é decidir".

Representantes do BNG e de Anova participarán nesta marcha.

 

Noticias web

16/03/2019