CRTVG

Buscar

Manifestación en Vigo para reivindicar que o deporte é saúde

Publicado o 14/11/2020 20:18

Representantes da Asociación Española de Funcional Fitness levaron a cabo unha manifestación estática en Vigo en defensa de todo o sector do deporte. Baixo o lema "Non somos ocio, somos saúde", reivindicaron o deporte como un servizo esencial e que os seus centros son espazos biosanitarios. Solicitan a reapertura dos centros deportivos pechados e o desprazamento sen limitacións para realización da actividade física.

Noticias web

14/11/2020