CRTVG

Buscar

Manifestación en Santiago na defensa das universidades públicas e contra a creación dunha privada

Publicado o 12/06/2021 14:18

Manifestación en Santiago na defensa da Universidade Pública. Os que hoxe se mobilizaron na capital galega opóñense á creación dunha universidade privada en Galicia porque a consideran un ataque contra a igualdade de oportunidades.

A plataforma convocante contou co apoio de asociacións, sindicatos e grupos políticos da oposición. Os manifestantes cren que aceptar a universidade privada sería acepar a venda de títulos. Insisten en que o que Galicia precisa é unha universidade pública e de calidade, que conte co apoio da Administración e a sociedade. 

 

Noticias web

12/06/2021