CRTVG

Buscar

Manifestación en Barcelona contra a ampliación do Prat

Publicado o 19/09/2021 18:44

Manifestación en Barcelona para protestar contra a ampliación do aeroporto do Prat, un proxecto que como saben, quedou aparcado polo Goberno por falta de consenso coa Generalitat.

Diversas plataformas e organizacións ecoloxistas organizaron marchas desde distintos puntos da cidade que confluíron finalmente contra o mediodía nunha manifestación central no centro de Barcelona.

Entre os asistentes, distintos responsables políticos que lle recriminaron ao Goberno central o que cualifican de "chantaxe inaceptable" ao Estado a conta da ampliación do aeroporto.


 

Noticias web

19/09/2021