CRTVG

Buscar

Centos de pescadores deportivos maniféstanse en Burela contra os controis e a nova lei

Publicado o 29/05/2021 20:14

Os pescadores deportivos rexeitan o novo regulamento que o Ministerio de Pesca pretende aplicar porque din que non se axusta á realidade. Entre outras cuestións, obrígaos a pesar e marcar as capturas, que non poderán superar os cinco quilos por pescador e día. Tampouco inclúe a pesca desde caiac.

Consideran que a nova normaiva criminaliza os afeccionados á pesca recreativa e que os equipara cunha frota, pero o certo é que eles non viven do que capturan.

Suxiren que a Administración loite contra o furtivismo e que consensúe a norma cos propios pescadores, porque a pesca recreativa é unha actividade con implicacións económicas, turísticas e sociais que tamen se verán afectadas.

Noticias web

29/05/2021