A Mariña continúa un ano despois esixindo na rúa unha solución para Alcoa
Publicado o 30/05/2021 20:18
Políticos e alcaldes mariñaos concordan en que a SEPI ten que intermediar.
Segundo o comité, a unidade dos traballadores foi a que fixo que continúen nos seus postos, refrendados, ademais, por unha sentenza do Superior de Xustiza de Galicia que considerou que a empresa quería actuar de mala fe ao pretender apagar as cubas para incrementar os seus beneficios. Contra esta sentenza recorreu Alcoa perante o Supremo.
Alcoa é a única fábrica de aluminio primario que queda en España. Produce o 30 % do produto interior bruto da provincia de Lugo.