CRTVG

Buscar

Manequíns con deseños exclusivos delimitan as mesas nunha cafetería de Lugo

Publicado o 27/05/2020 20:47

Tocaba reabrir a cafetería, pero as novas normas só permitían ocupar o 40% do local. Había que reestruturar o interior e no canto de baleiralo optaron por enchelo un pouco máis. Non quixeron retirar mesas e apostaron por ocupalas con manequíns.

Pedíronllos a Inés Penelas, unha deseñadora da cidade, á que ademais lle propuxeron que os vestise cos seus deseños, e agora oito manequíns conseguen marcar as distancias ao tempo que locen pezas con desconto e mesmo máscaras exclusivas.

Os socios desta cafetería fixeron, ademais, outra sinerxía, neste caso cun restaurante. Eles teñen terraza, pero non servizo de comidas, e agora aquí serven tamén os menús dun restaurante próximo, con longa traxectoria na cidade, pero que por situación non dispón de terraza.

Todos suman forzas para saír adiante nunha situación nova para todos.

Noticias web

27/05/2020