CRTVG

Buscar

A partir de agora pódese pedir cita para vacinarse con 24 horas de antelación

Publicado o 19/09/2021 14:43

O 93 % da poboación galega conta xa, polo menos, cunha dose da vacina anticovid. O obxectivo do Sergas segue sendo chegar o máis preto posible do cen por cento. Este domingo, en todas as áreas sanitarias foi posible recibir a vacina sen cita previa.

Nesta xornada, a sanidade pública galega administrou unicamente o composto de Moderna. Unha parte das persoas que se inmunizaron fixérono tras solicitar cita. Agora pode pedirse na web do Sergas ata con 24 horas de antelación. Ata hoxe eran 48 horas como mínimo. Porén, presentouse máis xente sen avisar previamente, só co DNI ou coa tarxeta sanitaria. 

Na xornada do sábado, un total de 651 persoas acudiron aos distintos puntos de vacinación das áreas galegas sen concertar cita previa.

Noticias web

19/09/2021