CRTVG

Buscar

Salceda pasa este venres a nivel alto e endurece as restricións

Publicado o 29/04/2021 14:05

Salceda endurece as súas restricións e pasa a nivel alto o que significa que dende mañá neste concello non veremos clientes no interior dos locais de hostalería que só poderán traballar ao cincuenta por cento nas terrazas. Preocupan aquí os datos da incidencia acumulada. Salceda rexistrou nos últimos sete días quince novos casos. 

Son casos directamente relacionados cos contaxios que afectan a dúas familias do concello que están localizados e controlados. Pois coas novas normas dende mañá esta imaxe non será posible. É un paso atrás ao que obriga unha incidencica acumulada que supera os 180 casos nos últimos quince días. 

As restricións á mobilidade e ao número de persoas permitidas nas reunións non se verán afectadas polo cambio de nivel.