CRTVG

Buscar

Este martes remata o prazo para rozar as leiras próximas a vivendas

Publicado o 31/05/2021 15:28

Estamos nunha época complicada para os incendios forestais pola moita vexetación que medrou durante a pandemia e as condicións atmosféricas que son favorables para a propagación do lume. Por iso hai que cumprir escrupulosamente coas normas e deixar as leiras que estean ao lado das casas limpas de maleza.  

O prazo para rozar esas leiras remata mañá. Cada concello deberá informar e obrigar os donos a limpar eses terreos que estean próximos ás vivendas. De non facelo os propietarios, terá que ser o propio concello o que se faga cargo.

Despois enviaralles a factura dos traballos aos donos. Así o estipula a Lei de prevención e defensa contra os incendios forestais. As zonas sensibles deberán quedar coa mínima masa combustible posible para previr eses incendios forestais nesta época en que o tempo xa empeza a ser propicio para a súa propagación.

 

Noticias web

31/05/2021