Mañá, mércores, comeza o asfaltado da autovía do Salnés, que vai obrigar a cortes de tráfico
Publicado o 24/09/2019 13:20
O asfaltado da autovía do Salnés en todo o seu percorrido vai obrigar a cortes de tráfico a partir de mañá, mércores.
Os vehículos en dirección a Sanxenxo van ter que abandonar a autovía entre os enlaces de Curro e Ribadumia, o que supón circular por vías convencionais máis de once quilómetros. O corte de todos os carrís en sentido Sanxenxo - AP-9 non se producirá ata finais de outubro.
As obras van durar, cando menos, cinco semanas.