CRTVG

Buscar

Mañá é o último día para presentar a declaración da renda de 2020

Publicado o 29/06/2021 11:50
Mañá é o último día para presentar a declaración da renda de 2020

O prazo para presentar a declaración do IRPF e, no seu caso, do imposto de patrimonio correspondente ao exercicio 2020 remata o mércores 30 de xuño, segundo o calendario da Axencia Tributaria.

Este martes 29 de xuño é a última xornada en que se pode solicitar cita previa para acudir de xeito presencial ás oficinas ou pedir o servizo de elaboración telefónica da declaración.

Nestes últimos días de campaña xa non é posible solicitar a domiciliación bancaria nas declaracións para ingresar. O prazo finalizou o pasado 25 de xuño.

Desde que comezou a campaña o 7 de abril e ata mediados da pasada semana, a Axencia Tributaria recibira 19,3 millóns de declaracións, das que 12,9 millóns incluían solicitude de devolución.

Ata ese momento, Facenda aboáralles os cartos a 10,2 millóns de contribuíntes por un importe superior aos 6.700 millóns de euros.

Noticias web

29/06/2021