Mañá comeza o xuízo político a Trump polo asalto ao Capitolio
Publicado o 08/02/2021 08:24
Na véspera do comezo do xuízo político ao expresidente dos Estados Unidos Donald Trump, os demócatas deseñan a estratexia que van seguir.
Todo apunta a que farán un enfoque distinto ao do primeiro proceso de destitución contra o exmandatario, a pesar de que hai poucas probabilidades dunha resolución contraria a Trump. A maioría dos representantes republicanos son contrarios ao impeachment.
O expresidente, que xa dixo que non pensa testemuñar, como lle piden os fiscais, está acusado de incitar á insurrección polo asalto dos seus seguidores ao Capitolio o seis de xaneiro.