Mañá baixan as temperatura pola chegada dunha masa de frío polar
A anunciada masa de frío polar está xa ás portas, e mañá agárdase xa que a notemos, sobre todo durante o día. María, as temperaturas máximas van baixar.
Fálase habitualmente de que chove sobre mollado, pero o certo é que dende hai días en Galicia máis ben xea sobre xeo. E con mínimas nalgunhas zonas en que na última semana chegaron a rozar os dez graos negativos, non hai outra que prepararse cando falan dunha nova baixa nas temperaturas. Especialmente se teñen previsto circular polas estradas.
O que chega é unha masa de aire polar que fará que as máximas en Galicia non pasen nin sequera dos dez graos. A situación comeza a mellorar a partir do domingo.
A Axencia Estatal de Meteoroloxía emitiu un aviso por baixas temperaturas no noroeste e o sur de Ourense para as primeiras horas do xoves e o venres.