CRTVG

Buscar

Mañá arrincan as viaxes ás Illas Cíes, que roldan as 13.000 reservas

Publicado o 31/05/2018 14:24

Mañá arrancan xa as viaxes diarias ás Illas Cíes. As reservas para ir neste mes de xuño ao arquipélago roldan as 13.000.

Os visitantes, como ocorreu na Semana Santa, terán que levar a nova autorización autonómica que emite a Dirección xeral de Patrimonio Natural. Con ela preténdese evitar a sobrevenda de billetes. A Xunta comezou a tramitar as autorizacións de xuño hai dúas semanas, e só se poden solicitar con 30 días de antelación. Polo de agora ningún día de xuño está completo, e na web 'autorizacionillasatlanticas.xunta.gal' permítese viaxar en calquera xornada.  

Noticias web

31/05/2018